sábado, 24 de noviembre de 2012

NOVEMBRO DO MMXII TEATRO EN SAN CLODIO

Por primeira vez entramos no edificio anexo o concello e puidemos comprobar que o salón, case xa rematado ,é imprescindible nun lugar como o noso ,San Clodio. Esperemos que durante o inverno podamos asistir a varios eventos que nos fagan gozar dunhas horas agradables.


PICANDO SOBRE A IMAXE AUMENTARÁ

miércoles, 21 de noviembre de 2012

OITO DE DECEMBRO EXCURSIÓN ORGANIZADA POLA PARROQUIA DE SAN CLODIO


A PARROQUIA DE SAN CLODIO ORGANIZA DE NOVO UNHA EXCURSIÓN, NA IMAXE ADXUNTA PODEDES INFORMARVOS DAS DIVERSAS ACTIVIDADES QUE FORMAN O PROGRAMA DO DÍA.

Emilio da tenda Copy poderavos informar.

PICANDO NA IMAXE AUMENTARÁ


viernes, 16 de noviembre de 2012

CONSERVADE OS TAPONS PARA UXÍA


Publicamos o enlace dun artigo publicado en "EL PROGRESO" lédeo a colaborar e entregade os tapóns nos lugares de recollida. En San Clodio en "LAS VEGAS" - "A CABINA"- e "SUPERMERCADO MIGUEL"

martes, 13 de noviembre de 2012

VENDIMIA 2012


Estivemos mais dun mes sen Internet,usabamos o da biblioteca que foi anulado sen avisar, tamén se quitaron os horarios polo que imaxinamos que deixará de funcionar, seguramente debido á falta de liquidez por mor da crise. A partir de agora imos subir algúns vídeos, tamén imaxes que xa deberían estar publicados empezamos con imaxes da vendima.

PICAR EN >>> http://youtu.be/G967-p42ATQ

viernes, 9 de noviembre de 2012

COUSAS DE NOVEMBRO EN SAN CLODIO




PICANDO NA FOTO AUMENTARÁ

MISA E COMIDA POPULAR DA FESTA DO PATRÓN -SAN CLODIO (LUGO) OUTUBRO DO 2012


As Festas do noso Patrón, coincidiron a principios de semana e a pesar de ser festa local notouse, de todas as maneiras pensabamos que á comida popular ía asistir menos xente. Na igrexa faltaron os nenos, algúns están estudando no I.E.S. Quiroga e aquí, non é festa local. De todas as maneiras estrañamos as Gaitas, polo menos deberían soar o saír ou durante a Misa ,dedicada o que lle dá nome a estes festexos.  Unhas imaxes para que se poida formar a idea de que  áqueles asistimos pasámolo ben.

Picar en >>> http://youtu.be/NlmGwcraFIg

jueves, 8 de noviembre de 2012

OS GAITEIROS EN SAN CLODIO 30-10-2012 FESTA DO PATRÓN


O día 30 camiñabamos pola rúa do Ferrocarril e de súpeto oímos o son duns Gaiteiros ,apurámonos para entrar no Bar Central quedámonos sorprendidos e alegres o ver o Grupo que creaba esta música tn propia do noso país, acompañándolles fixemos un percorrido por algúns bares de San Clodio , non sabemos se Os Gaiteiros estiveron nos que faltan ,espero que se o fixesen, deixaban alegría cos sons dos seus instrumentos.

PICAR EN >>> http://youtu.be/ndvxO8Cj7oI

martes, 6 de noviembre de 2012

31 DE OUTUBRO EN SAN CLODIO FESTA DA 3ª IDADE


Bo este ano non subiremos tantos vídeos e fotos da Festa de Patrón ,o primeiro que subimos é un vídeo do 31 día dedicado a os nosos maiores pensamos que os recortes, algunhas veces recortan os postos de traballo e con iso a alegría de moitas persoas, temos que tratar que todos teñan un posto de traballo digno, sirva este vídeo como agasallo ás persoas ás que foi dedicado este día.

PICAR EN >>> http://youtu.be/wcplgmG2K9o