jueves, 28 de enero de 2010

O CAMIÑO PO LA BEIRA DO SIL


Levamos xa case un mes do " NOVO ANO SANTO " Parece ser , pódese ler nesta noticia adxunta , publicada en Abc.é , que o Camiño que discorre pola RIBEIRA SACRA aínda esta sen recoñecer . Mágoa , pasarán algúns anos para que este acontecemento volva repetirse . Unha nova oportunidade que se perde para poder promocionar esta zona . Queda a esperanza que o ano 2010 acaba de comezar e quizais aínda se poidan levar a cabo as xestións necesarias . Haberá que apurarse para que antes do verán este camiño , no que durante o inverno a neve non causa nigún problema , sexa recoñecido e promocionado tanto como esta bela zona se meréce .

Texto Pablo Vidal

domingo, 3 de enero de 2010

Bo comezo de Ano 2010


De novo publicouse en "O PROGRESO" unha noticia , que de levarse a cabo , atraería mais turistas á nosa zona , levando a melloría económica en varios sectores . Esperemos que non suceda o mesmo que co "Albergue Ambiental" cuxo proxecto fai máis dun ano que fué aprobado e aínda non se moveu a primeira pedra . Gustaríanos saber se o de Viérnoles en Cantabria e Villardeciervos en Zamora atópanse no mesmo estado .

Publicado en "EL PROGRESO" en Diciembre ---Texto : P.Vidal